A túa web con IA en castelán, coa súa campaña de Google Ads, por 2.000 €
Unha web rápida en castelán, feita con IA e revisada por min páxina a páxina, e unha campaña de Google Ads para traerche clientes desde o primeiro día. A IA constrúe. A estratexia, o SEO e a campaña son meus.
Que inclúe
- Unha web rápida, sen maquetadores pesados nin plugins de máis.
- Preparada para Google: estudo de palabras clave antes do deseño e unha páxina para cada servizo que queiras vender.
- Preparada para os asistentes de IA: llms.txt, datos estruturados e textos que ChatGPT ou a IA de Google poden citar.
- Medida desde o primeiro día con Tag Manager, GA4 e un banner de cookies con Consent Mode.
- Túa: a web e as contas de Analytics, Tag Manager e Google Ads son túas.
E a campaña que a acompaña
Unha web nova tarda meses en posicionar. A campaña de Google Ads tráeche consultas mentres tanto e amosa que buscas converten de verdade. Deseño a campaña que mellor encaixa coa túa web e co teu negocio, e lanzamos as dúas á vez. O investimento en anuncios págaslo directamente a Google.
Prezo
2.000 € pola web e a configuración da campaña de Google Ads. O investimento en anuncios vai á parte.
Reserva unha chamadaEnvíame un correo
Preguntas frecuentes
Por que con IA?
Porque construír é a parte que máis horas leva e a que mellor fai a IA. Así o tempo vai ao que fai que unha web venda: estratexia, estrutura, textos e a campaña.
Xa teño a web en galego. É un problema?
Non. Fago a versión en castelán coa estrutura correcta para que conviva coa túa, sen perder o que xa posiciona.